A nova edición de Curtocircuíto quence motores con 135 pezas presentadas

xoves, 27 de setembro do 2007

Até un total de 135 curtametraxes, procedentes dos cinco continentes, compiten este ano polos galardóns da cuarta edición do Festival Internacional Curtocircuito, que terá lugar en Santiago de Compostela do 16 ao 20 de outubro. Nesas datas, a capital de Galicia vaise converter no escaparate mundial da curta cinematográfica ó exhibir nela as últimas tendencias en videocreación, ficción, documental e animación.
O Festival Internacional Curtocircuíto é unha iniciativa posta en marcha hai catro anos pola Santiago de Compostela Film Comission e o Concello de Santiago, a través da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, que nesta convocatoria ten quintuplicado o número de curtas presentado, pasando das 500 do pasado ano ás 2.698 curtametraxes deste.

PUBLICIDADE