A plataforma de xogos Steam dille adeus ao DRM
mércores, 25 de marzo do 2009
Valve presentou varias novidades para as súas ferramentas de desenvolvemento da súa plataforma de descargas Steam, entre as que destaca a inclusión da tecnoloxía Custom Executable Generation (CEG) que collería o relevo do DRM, eliminando as limitacións do número de instalacións do xogo (ou a instalación de perigosos root kits) grazas a que cada copia do mesmo sería diferente. Un sistema sinxelo e efectivo de evitar a piratería sen molestar ao usuario.