A rede móbil de Telefónica prepárase para o verán galego

xoves, 12 de xullo do 2018 Redacción

JPEG - 236.9 KB
A rede de telefonía móbil ten que anticiparse a eventos de afluencia masiva como festas gastronómicas e festivais musicais

Telefónica reforzou a capacidade da súa rede móbil en Galicia co obxectivo de dar resposta ao incremento de tráfico de voz e datos xerado pola afluencia masiva de visitantes e o desenvolvemento de eventos turísticos, como festas gastronómicas ou festivais de música, que se produce todos os veráns.
Ampliou así a capacidade dun total de 31 estacións base, 14 na provincia da Coruña, 12 en Pontevedra e 5 en Lugo para adiantarse ao aumento da demanda de datos prevista durante os meses de verán e que en 2017 supuxo un incremento do 30% en 3G e un 45% en 4G. Concretamente, na provincia da Coruña aumentou a capacidade das estacións basee dos concellos da Coruña (8), A Laracha (1), Valdoviño (1), Oleiros (2), Ponteceso (2) e Rianxo (2). Na provincia de Pontevedra, en Cangas (1), Moaña (1), Nigrán (2), Sanxenxo (4), Soutomaior (1), Tomiño (1), Vigo (1) e Vilavoa (1), e 5 en Lugo, en Lugo cidade (1), Ribadeo (1) e Viveiro (3).
Tamén reforzará a cobertura móbil 3G e 4G nos festivais de Ortigueira e o da Luz (Boimorto), as festas do Albariño (Cambados), da Auga (de Vilagarcía de Arousa), da Istoria (Ribadavia), e a Romaría de Naseiro (Viveiro), entre outros, con unidades móbiles para prever a alta demanda de datos que xeran estas citas e que só no Festival da Luz da pasada edición supuxo un incremento de datos do 600% en 4G, do 40% en 3G e do 94% en chamadas de voz.

PUBLICIDADE