A revista Pronto pecha a súa páxina web
martes, 17 de marzo do 2026
A prensa do corazón perde unha das súas referencias dixitais. A revista Pronto, unha das cabeceiras máis populares e vendidas de España, deixou de actualizar a súa páxina web, nun movemento que marca o final dunha etapa e evidencia a transformación do sector mediático.
Dende hai dÃas, o sitio web da publicación amosa un breve aviso no que se informa de que a web xa non se actualiza, ao tempo que se invita aos lectores a continuar seguindo os contidos na edición en papel, que segue saÃndo cada luns nos quioscos. A mensaxe confirma a retirada do ámbito dixital, pero tamén reivindica a vixencia dun modelo tradicional que aÃnda conserva unha importante base de lectores.
Pronto naceu en 1972, como un semanario de información xeral cun forte peso da televisión e da crónica social. Co paso dos anos consolidouse como a revista do corazón máis vendida do paÃs, apoiada nunha fórmula baseada en prezos accesibles, maquetación clara e contidos que combinan famosos, saúde, consumo e historias humanas cun ton menos agresivo que o doutros competidores.
A versión dixital da revista lanzouse no ano 2000, en plena expansión da Internet, como parte dun proceso de modernización do grupo editorial. Porén, máis de dúas décadas despois, a compañÃa opta por abandonar a actualización diaria na Rede e concentrar recursos na súa edición impresa, que mantén preto de 650.000 exemplares vendidos e unha audiencia semanal próxima aos 1,6 millóns de lectores.
Nun ecosistema mediático en plena reconversión, Pronto opta por resistir apoiándose no seu modelo clásico. Unha decisión que, máis alá da súa viabilidade a longo prazo, reafirma o valor que aÃnda conserva o papel para determinados públicos.
