
A certificación foi entregada á empresa Ednon o pasado venres 8 de xullo nun encontro celebrado na sede da firma no que participaron Gustavo Horn, conselleiro delegado de EQA España (entidade inglesa especializada na emisión destes avais), e máis Francisco Bao, presidente executivo de Ednon. Segundo fai saber a firma galega, “a obtención desta certificación permitirá a Ednon forma parte do reducido grupo de empresas españolas do sector das TIC que posúe as cinco principais acreditacións de calidade, ISO 20000, ISO 27001, CMMI, ISO 9000 e ISO 14001)”.
En palabras de Francisco Bao, “esta certificación permitiranos garantir ós nosos clientes un mellor servizo e poderán confiarnos os seus datos con total tranquilidade, xa que serán tratados coa máxima confidencialidade”.
Polo que atinxe ao proceso para a obtención deste aval de garantía, a firma galega salienta a súa rapidez e os bos froitos obtidos, cousa na que influíu sobremaneira “a experiencia previa en procesos anteriores de certificación, o compromiso da dirección e a interiorización na cultura da empresa da importancia da calidade”, engadiu Ernesto Rodríguez, director de Calidade de Ednon.
A consecución da certificación ISO 27001 é “un paso máis” na estratexia que Ednon se marcou dende a orixe da súa andaina de apostar pola mellora continua e o aseguramento da calidade. Así, no ano 2008 obtivo a certificación ISO 9001 do Sistema de Xestión da Calidade e no ano 2010 a certificación ISO 14001 do Sistema de Xestión Ambiental xunto coa certificación ISO 20000 de Xestión de Servizos de Tecnoloxías da Información. Este ano a empresa superou a avaliación e obtivo a clasificación de nivel de madurez 2 de desenvolvemento de software segundo o modelo CMMI.
A santiaguesa Ednon recibe un recoñecemento á súa aposta pola seguridade dos datos
Compartir Este Artigo
