A secretaria de Estado de I+D visitou o CITIC

luns, 30 de xullo do 2018 Redacción

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC) acolleu este 27 de xullo a visita institucional da secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras Caballero. Trala recepción por parte do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, e logo das presentacións oficiais, a secretaria de Estado tivo ocasión de coñecer in situ as dependencias do CITIC, os seus equipos de investigación e os seus principais proxectos. A visita desenvolveuse da man do director do CITIC, Manuel González Penedo.
O director do CITIC, durante a estadía, puxo en valor a labor investigador da Universidade e a transferencia dos seus resultados ao sector produtivo no ámbito das TIC. Ademais do dito, Ángeles Heras puido comprobar tamén o funcionamento dun voo autónomo non tripulado dun dron da liña SmartDrones, desenvolvida pola empresa Avasing, pertencente a investigadores ligados ao CITIC.

PUBLICIDADE