A segunda xeración do Asus Eee chegará en abril de 2008
mércores, 5 de setembro do 2007
Asustek está a preparar o lanzamento dun
revolucionario UMPC, o Asus Eee, para finais do presente mes, agardando ser
capaz de colocar no mercado entre 200.000 e 300.000 unidades deste portátil de
baixo custo antes de rematar o ano.
Esta primeira xeración de Asus Eee abrirá un novo mercado no que pretenden
avanzar considerablemente, de xeito que xa planean chegar a unha segunda xeración de
UMPC de baixo custo para abril de 2008, cando incorporarán ós seus novos portátiles
procesadores Merom, o que permitirá a eliminación do ventilador interno,
reducindo o consumo e o ruído dos equipos.