A web do Ministerio de Industria favorecerá as reclamacións polo apagón de Barcelona

martes, 24 de xullo do 2007

Fecsa-Endesa séguelle a dar crebadeiros de cabeza ós cidadáns de Barcelona, e non é para menos: até 80.000 persoas sufriron a noite pasada un gran corte de subministro electrónico, e todo indica a que a situación non se amañará ó longo do día de hoxe. Co fin de favorecer o camiño cara a futuras (e seguras) reclamacións, o Ministerio de Industria vén de anunciar que está a habilitar na súa web información de interese para os damnificados, sobre todo no que se refire ó contido da lei en materia de reclamacións. O obxectivo do Goberno: informar ós cidadáns sobre os seus dereitos neste tipo de situación. A información enviarase tamén á Generalitat e ó Concello de Barcelona, amais das ditas empresas, que serán as responsables de recibir as reclamacións.

PUBLICIDADE