AGESTIC e Serviguide unen forzas para crear un Centro Tecnolóxico en As Gándaras

mércores, 18 de xuño do 2008

O presidente de AGESTIC, José María López Bourio, mailo director xeral de Serviguide, Manuel Galán Vázquez, van anunciar un acordo de colaboración entre as dúas entidades o vindeiro xoves día 19 de xuño ás 11:30 horas na sede da CEL en Lugo, nun acto no que tamén aproveitarán para presentarlle ó Conselleiro de Innovación e Industria a solicitude dun Estudo de Viabilidade para a instalación dun Centro Tecnolóxico da Innovación e as TIC no Parque Empresarial de As Gándaras, tamén en Lugo.

PUBLICIDADE