AIRIS pon en marcha unha web para resolver dúbidas dos seus clientes

martes, 11 de setembro do 2007

AIRIS semella interesada en non deixar ós seus clientes desatendidos en caso de que o axeitado uso dos aparellos da marca se converta -polas razóns que sexan- en misión imposible. De aí xurde precisamente www.airissupport.com, a web de soporte técnico da casa que vén de ser habilitada para satisfacer “todas as dúbidas e preguntas dos usuarios e distribuidores da compañía sobre os produtos AIRIS, xa sexan de informática ou de electrónica de consumo”, informa a compañía. A páxina inclúe menú de inicio por pasos e recursos como manuais, imaxes detalladas, descarga de drivers actualizados ou certificacións.

PUBLICIDADE