AMD supera a Intel en varios mercados

venres, 7 de setembro do 2007

A guerra dos microprocesadores para ordenadores persoais leva moitos anos producíndose, e pese a que Intel continúe a ser o fabricante con máis sona, AMD conseguiu manter a súa posición líder no mercado doméstico norteamericano co 51% do equipos grazas á súa política de prezos (aínda que en portátiles Intel si que acada uns resultados magníficos).
Noutros mercados a situación e bastante dispar, e así, en Europa Intel conserva o seu histórico liderado, mentres que en China AMD está a acadar un crecemento moi importante replicando a situación norteamericana, o que supón un duro golpe para Intel.

PUBLICIDADE