Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e Telefónica levarán redes ultrarrápidas a 330.000 galegos das contornas rurais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e Telefónica levarán redes ultrarrápidas a 330.000 galegos das contornas rurais

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/06/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mar_pereira_marta_menendez.jpgBoa parte do rural galego, todas e todos puidemos comprobalo (e moitas e moitos sufrilo), non goza das mesmas oportunidades cás contornas urbanas para tirar proveito das novas comunicacións. Debe ficar na mesma situación de desequilibrio a Galicia do rural malia que os problemas para dotala de infraestrutura axeitada son dende lonxe moito máis complexos có que teñen as vilas e as cidades, e polo tanto moito máis custos de emendar ? A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) considera que non, e por este motivo o Plan de Banda Larga da Xunta e máis do Estado contemplan que en 2020 teñan cobertura de 100 Mbps máis de 330.000 galegos de 258 concellos, arestora sen acceso a redes ultrarrápidas.
A resposta, segundo deron a coñecer este 6 de xuño AMTEGA e máis Telefónica (adxudicataria da última liña de axudas do Plan e doutras subvencións estatais), está na fibra para o fogar (FTTH) e nun ambicioso e complexo programa de traballo que levará esta tecnoloxía a núcleos de poboación onde a fibra nin estaba presente nin, por suposto, era de agardar. Núcleos boa parte deles de menos de 100 habitantes.
Segundo fixeron saber Mar pereira, directora xeral de AMTEGA, e máis Marta Menéndez, directora de Telefónica en Galicia, as actuacións poñen o foco no rural, máis concretamente nas zonas brancas de 258 concellos da nosa terra (ou sexa, sen acceso na actualidade a redes ultrarrápidas). Ao abeiro destes traballos de despregue, Telefónica cubrirá preto do 80% dos habitantes previstos con dúas medidas: o Plan de Banda Larga da Xunta e o do Goberno estatal.
No acto tamén se fixo saber que “dos máis de 330.000 habitantes beneficiados por estas medidas, un total de 74.400 viven en núcleos de menos de 300 habitantes e contarán con acceso á fibra óptica”. Isto, engadiron, será posible grazas a axuda de 14,2 millóns de euros que a Xunta concedeu a Telefónica no marco Plan de Banda Larga de Galicia 2020. Ademais, como adxudicatario doutras axudas estatais, a operadora facilitará o acceso a redes ultrarrápidas a outros 184.000 galegos de núcleos de maior tamaño e os habitantes restantes cubriranse coas actuacións doutros operadores que accederon as subvencións do Estado.
Menéndez, na súa intervención, salientou o feito de que Galicia se teña convertido na Comunidade con mellor taxa de cobertura móbil e, a continuación, debullou boa parte dos problemas ás que se teñen enfrontando estes e outros esforzos de infraestrutura de comunicacións: problemas de dispersión demográfica, problemas de orografía complicada e problemas de baixa densidade de poboación en boa parte dos núcleos do rural. Nas súas palabras, a importancia do plan de traballo presentado este 6 de xuño é aínda maior se temos en conta os atrancos que cómpre salvar. “Porén”, engadiu, “sen dúbida que pagará a pena, tendo en conta os impactos positivos que a fibra óptica para o fogar deixa na economía e na integración entre as persoas”. A este respecto, recordou que en países como Suecia, a tecnoloxía FTTH (Fiber To The Home) foi elixida como a tecnoloxía que meirande satisfacción e calidade de vida xeraba entre a cidadanía. “Queremos que a xente do rural teña os mesmos servizos e prestacións cá xente das cidades, e ao mesmo prezo”, mesmo a xente que vive en pequenos núcleos de poboación de menos de 100 habitantes, explicaron Menéndez e Pereira, engadindo que ao abeiro desta iniciativa abriranse 123 cabeceiras de infraestrutura FTTH e mobilizarase un persoal de arredor de 600 traballadores, amais de poñerse en marcha un teléfono gratuíto de atención aos cidadáns, en galego e en castelán, a partir deste 7 de xuño, que é o 900 507 007.
Mais de 35 millóns de euros públicos
En total os plans autonómicos e estatais supoñen un investimento público de 35,2 millóns de euros para incentivar a extensión de fibra óptica en núcleos dun total de 258 concellos galegos que non dispoñen desta tecnoloxía nin previsión de contar con ela. Ambas medias garanten que en 2020 o 74% dos galegos terán acceso a redes de máis de 30 Mbps, unha porcentaxe que se incrementará coas novas convocatorias do Estado. A última foi publicada en abril por un importe de 18,5 millóns de euros, e prevese que se resolva en outono.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?