Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e o sector TIC avanzan no desenvolvemento da nova Axenda Dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e o sector TIC avanzan no desenvolvemento da nova Axenda Dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 01/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20141201_amtega_02.jpgEsta mañá celebrouse no Gaiás, en Santiago, a presentación das principais liñas e desafíos da Axenda Dixital de Galicia para o período 2020. A cita contou coa presenza da directora de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Mar Pereira, e dun bo número de representantes do noso sector tecnolóxico-dixital. Durante o transcurso do encontro, abordáronse de xeito conxunto os retos aos que nos enfrontamos ao longo dos cinco vindeiros anos en materia TIC. O obxectivo da cita, sinala AMTEGA, foi o de recadar ideas e reflexións de alto valor.
Ademais da reunión deste luns, a axencia enviará aos profesionais un formulario para canalizar as súas achegas que serán valoradas de cara á conformación final da Axenda Dixital de Galicia 2020. Esta xuntanza co sector tecnolóxico forma parte da campaña de elaboración da dita axenda, que se iniciou en xullo deste ano. A nova folla de ruta en materia tecnolóxica presentarase no primeiro trimestre de 2015 e estase a elaborar en base a “un modelo de intelixencia colectiva”, informa AMTEGA, “un modelo que se nutre das achegas das institucións públicas, dos axentes sociais e económicos e da sociedade galega oir enteiro”.
Mar Pereira fixo saber a este respecto que a vindeira Axenda Dixital “será unha Axenda de todos e para todos, orientada a asegurar que Galicia compite como referencia no eido dixital a nivel europeo”.
Lembrar que como parte desta campaña, o pasado 28 de xullo publicouse o blog.adg2020.es, a través do cal calquera persoa puido achegar ata hoxe as súas propostas aos desafíos, participar nos foros de discusión sobre os mesmos ou enviar as suxestións que considerase a través da conta adg2020@xunta.es.
20141201_amtega_03.jpgSegundo fixo saber a Axencia que dirixe Mar Pereira, as actuacións da futura Axenda están en liña con cinco ámbitos establecidos na Estratexia Galega de Crecemento Dixital, aprobada a finais de 2013: “En primeiro lugar, acadar unha Administración Dixital innovadora, avanzando cara unha Administración das persoas, ubicua, con cero papel e cuns servizos públicos avanzados en ámbitos chave para a cidadanía”. Polo que atinxe á segunda área de actuación, búscase “incrementar a capacitación dixital das persoas, acadando a plena integración das TIC na práctica educativa e posibilitando a inclusión dixital de toda a cidadanía”. O terceiro punto consiste no pulo á economía dixital a través da implantación de infraestruturas e solucións tecnolóxicas nos diferentes sectores produtivos. O cuarto eido céntrase no afianzamento do sector TIC como estratéxico e en quinto lugar está o impulso ao despregamento de infraestruturas de telecomunicación modernas e sustentables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?