Acer podería lanzar un portátil de baixo custo

mércores, 16 de xaneiro do 2008

A finais do presente trimestre ou comezos do seguinte Acer podería lanzar un portátil de baixo custo para competir co Asus Eee PC segundo un informe de Commercial Times.
Segundo parece, a produción dos novos portátiles encargaríase a Wistron, mentres que as pantallas LCD de 8 e 9 polgadas se adquirirían a AU Optronics (fabricante que tamén producirá unidades para Asustek).

PUBLICIDADE