Activision e Blizzard completan a súa fusión
venres, 11 de xullo do 2008
O grupo francés Vivendi
Games e o estadounidense Activision finalmente concretaron a súa fusión dando
lugar a Activision Blizzard (coma se anunciara o pasado
decembro) dando lugar a un xigante do sector dos videoxogos cunha
capitalización duns 12.700 millóns de euros.
Polo momento os estudos de desenvolvemento de xogos das compañÃas fusionadas
non se verán afectadas pola operación, que afectará principalmente á actividade
bolsista da empresa resultante (que lanzará
unha oferta pública de 146,5 millóns de accións en breve).