Actualmente só poden acceder aos contidos de Twitter os usuarios rexistrados
venres, 30 de xuño do 2023
AÃnda que Elon
Musk xa non ocupa o cargo de director xeral de Twitter, segue a ser o máximo
responsable da compañÃa a nivel técnico, polo que as polémicas ao redor do servizo
non cesan, e a súa última decisión impulsiva foi bloquear
o acceso a Twitter por parte de calquera conexión que non estea identificada
mediante unha conta de usuario.
Deste xeito non só se impide o acceso aos chÃos por parte de persoas que non están
dadas de alta en Twitter, senón que tamén se bloquea o acceso a numerosos
sistemas automáticos que capturan información con distintas finalidades.
Este cambio de polÃtica non se anunciou de ningún xeito oficial, e non foi até
que Musk saÃu
á palestra a dicir que é «unha medida temporal de emerxencia» que se
confirmou que non estamos ante un cambio definitivo, senón ante un parche
ante a degradación do servizo por mor dos accesos realizados por usuarios non
humanos.
Queda por ver cando Twitter levantará as restricións, que poden resultar fatais
para a plataforma, pois bloquear o acceso a usuarios non identificados supón
converter a Twitter nun xardÃn pechado, polo que non formarÃa parte da web
aberta, e os seus contidos perderÃan moitÃsima visibilidade, o que irÃa no
sentido oposto ao que buscan na actualidade, querendo incluso converter a
Twitter nunha plataforma na que reine o vÃdeo.