Adobe abre o Flash para móbiles
luns, 5 de maio do 2008
Adobe deixará de cobrar taxas polas versións móbiles de Flash de xeito que pretenden que se espalle a máis dispositivos, xa que a súa penetración en móbiles intelixentes é moi inferior que a que ten nos PC conectados á Rede (onde é do 98%).
Esta nova iniciativa, Open Screen (á que están adscritos ARM, Sony Ericsson, Nokia, LG e outros fabricantes), desenvolverá unha versión de Flash Lite que permitirá achegar a reprodución multimedia de Adobe a millóns de dispositivos portátiles.