Altia encargarase da administración de sistemas da plataforma de elearning da Universidade do PaÃs Vasco
martes, 30 de xuño do 2020
A
Universidade do PaÃs Vasco (UPV) confiou á empresa galega Altia,
referente en novas tecnoloxÃas, o servizo de soporte 24x7 da súa
infraestrutura de educación online. O anuncio foi dado
hai uns dÃas, coincidindo co pleno proceso de desescalada e,
polo tanto, cunha marcada e integral aposta pola teledocencia a todos
os niveis: un tipo de educación que pode levarse a cabo fronte a
case calquera tipo de adversidade. A través deste acordo, Altia
encargarase da administración de sistemas e do soporte da plataforma
de elearning da UPV.
O
contrato, que comprenden os servizos xestionados e soporte 24x7 das
plataformas de ensino en liña eGela, eGela PI, terá unha duración
de 12 meses prorrogable a outras dúas renovacións de 12 meses de
duración cada un delas e conta cun orzamento de 96.800,00 euros.
O
soporte de Altia na UPV complementa o traballo realizado polo persoal
TIC da universidade e ten como obxectivo a detección inmediata e a
resolución dos fallos que se poidan producir nos servizos de
teledocencia da institución educativa mediante a posta en marcha dun
sistema que dea servizo 24x7.
A
xestión e soporte das plataformas de educación a distancia
abranguen a monitoraxe e chequeado do estado destas, o seu rendemento
e o uso que se fai da contorna, asà como a proposta de melloras en
todos os niveis (BBDD, frontais web, Moodle) co fin de mellorar a
experiencia do usuario final. Tamén se inclúe a xestión da
seguridade de todos os compoñentes, tests de vulnerabilidade ou
apoio tecnolóxico nas actualizacións da plataforma, entre outras
tarefas.
