Altibox ofrece velocidades de acceso á Internet de ata 400 Mbps
xoves, 18 de febreiro do 2010
Altibox, o consorcio de 40 provedores locais de acceso á Rede a través de fibra óptica en Noruega e Dinamarca, vén de anunciar unha nova modalidade de acceso que para reducir custos precisa que sexa o propio usuario o que instale o tramo de fibra que vai dende a rúa ao interior do seu domicilio, pero que sorprende por conseguir velocidades simétricas que na actualidade van dos 10 aos 50 Mbps, pero que prepara a súa actualización para chegar ata os 400 Mbps, aÃnda que non publicaron os prezos destas conexións.