Alumnado do Centro de Formación Profesional de Afundación visita o CITIC
venres, 12 de xaneiro do 2024
O
Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC)
recibiu na mañá deste xoves 11 de xaneiro a visita dun grupo de
alumnas e alumnos do ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web do
Centro de Formación Profesional Afundación. O subdirector do
centro, Javier Pereira, empezou a experiencia dos estudantes na sede
do centro explicando as liñas de investigación levadas a cabo no
CITIC, asà como o perfil do persoal investigador que pertence ao
centro.
No
Demostrador Tecnolóxico, o alumnado puido probar as lentes de
Realidade Aumentada; o Robobo, deseñado integramente por
persoal investigador do CITIC, e o robot NAO.
A
visita continuou no Laboratorio de impresión 3D, no que o
investigador Manuel Lagos explicou as caracterÃsticas e
funcionalidades das diferentes impresoras que hai no centro.
Unha
vez na Sala de Realidade Virtual, os participantes probaron o
supermercado virtual, proxecto desenvolvido para favorecer a
rehabilitación de persoas con discapacidade mediante o uso de
escenarios que permiten a realización de diversas actividades da
vida cotiá. Ademais, coñeceron como funciona o sistema OptiTrack.