Amazon e Google enterran a machada de guerra

luns, 22 de abril do 2019 Marcus Fernández

A relación entre Google e Amazon leva un tempo sendo bastante mala, o que fíxose notar especialmente cando Google retirou o soporte da aplicación oficial de YouTube nos dispositivos Fire TV de Amazon, obrigando á compañía de Jeff Bezos a incorporar unha versión de Firefox nos seus trebello capaz de acceder a YouTube vía web e posteriormente a mercar o navegador web Silk para continuar a avanzar nesa mesma dirección.
Pero en poucos meses non só os usuarios de dispositivos Fire TV poderán volver gozar dunha aplicación nativa de YouTube (de xeito que a única grande plataforma de vídeo que permanecería fóra destes trebellos sería, polo momento, HBO), senón que Amazon tamén cederán pola súa banda, e permitirá que o seu servizo de Prime Video estea dispoñible a través de Chromecast e en Android TV. Deste xeito, ambas compañías ceden e o principal beneficiaron desta colaboración é o consumidor, que terá menos atrancos para acceder aos contidos en vídeo baixo demanda en diferentes dispositivos.
A nova aplicación de YouTube para Fire TV será compatible até con vídeos 4K con HDR a 60 cadros por segundo, mentres que Amazon Prime Video, por fin estará dispoñible en dispositivos audiovisuais de Google, xa que até o momento funcionaba en ordenadores, smartphones, tabletas consolas de videoxogos, Apple TV... e practicamente só excluía a Android TV e Chromecast das súas opcións de visualización (o que non respondía a motivos técnicos, porque si estaba presente en nVIDIA SHIELD, dispositivos baseados en Android TV).

PUBLICIDADE