Hai pouco menos dun ano Amazon sorprendeu en España ofrecendo aos subscritores Premium cun servizo de almacenamento de fotografías ilimitado na nube sen custo adicional (cando normalmente o servizo custa 11,99 dólares/ano), o que resultaba un xeito moi práctico para introducirse no servizo de almacenamento en liña Amazon Drive de Amazon, que contaba con plans con 5 GB de balde para ficheiros de calquera tipo, de 20 GB por 8 euros/ano e ata 1.000 GB por 400 euros/ano, e que vén de experimentar toda unha revolución, xa que veñen de ampliar a súa capacidade e reducir o seu prezo, de xeito que por 70 euros/ano ofrecen agora almacenamento en liña ilimitado para que poidamos almacenar fotografías, vídeos, música, documentos… accesibles dende o móbil, a tableta ou o ordenador, de xeito seguro e privado, e que podemos probar de balde durante 3 meses para comprobar se pode axustarse ás nosas necesidades.
Deste xeito Amazon consegue unha oferta comercial de almacenamento na nube sen competencia, aínda que o seu prezo é relativamente elevado, poño que só compensaría a quen precise máis de 1 TB de almacenamento en liña (capacidade que por ese prezo ofrece Microsoft xunto coa suite informática persoal, na que posiblemente é a mellor oferta do mercado, por achegar máis valor que o propio almacenamento na nube e por poder conseguirse tamén a mellor prezo no caso de estar pendentes de promocións).
Amazon ofrece almacenamento ilimitado na nube por 70 euros/ano
Compartir Este Artigo

