Ana Pontón estrea formato comunicativo nas redes sociais con Pili PampÃn
venres, 15 de setembro do 2023
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón,
vén de anunciar que inaugura o seu formato de comunicación coa
artista Pili PampÃn. O dito programa, #CódigoAna,
estará baseado nunha charla distendida con personalidades do todos
os eidos a través das redes sociais, e coa vontade de ir alén do
polÃtico e amosar a súa faceta máis humana e persoal a través de
conversas con referentes do mundo da cultura, da ciencia, da
economÃa, do audiovisual, do feminismo e de calquera temática que
rodee á sociedade galega.
Indo ao programa en cuestión, dicir que bota a andar cunha
entrevista a Pili PampÃn, esta artista interxeracional, auténtica
diva da música popular galega e que ao mesmo arrasa entre a xente
nova, a través das súas colaboracións con músicos novos como
Ortiga.
#CódigoAna trata temas que interesan e preocupan á cidadanÃa a
través dos e das protagonistas que, nun cara a cara con Ana Pontón,
contan a súa propia experiencia vital e profesional, coa que se
poden sentir identificadas ou interpeladas outras moitas persoas.
Nesta primeira entrega, Pontón e PampÃn abordan cuestións como o
presente e o futuro da xente nova, a emigración ou a conexión que a
artista conseguiu con públicos que non eran os habituais nas súas
actuación musicais.
Para ver o avance
desta primeira entrega como a súa posterior versión
Ãntegra haberá que facer uso das redes sociais de #CódigoAna nas
canles de Facebook,
Instagram,
X
(antiga Twitter) e Youtube,
e será emitido coa regularidade que permite a axenda polÃtica da
lÃder do BNG.