Andro.tv leva a televisión en directo a móbiles con Android

martes, 18 de maio do 2010

Os usuarios de terminais de telefonía móbil co sistema operativo Android poderán acceder a múltiples emisións de programas de televisión a través de streaming grazas a unha páxina web adaptada para este tipo de dispositivos.
Deste xeito, ao visitar Andro.tv pódese acceder aos contidos en directo de CNN+, Cuatro, Telecinco, La Siete, Intereconomía, Libertad Digital, YouEar e Hiróscopo, agardándose unha paulatina ampliación desta oferta de canles.

PUBLICIDADE