A empresa galega Appentra, con sede no edificio do CITIC da Coruña, vén de pechar unha rolda de financiamento de 1,8 millón de euros, co-dirixida por Armilar Venture Partners e K Fund para o seu software Parallelware Analyzer. Na rolda tamén participaron Caixa Capital Risc, Xesgalicia e Unirisco.
Segundo informan dende a firma tecnolóxica coruñesa, a obtención da dita contía é o froito dun intenso traballo desenvolvido ao longo dos últimos meses e, tamén, froito da intensa confianza que está a xerar o devandito software, que democratiza as posibilidades (amplas) da computación de altas prestacións (HPC) e que chegou esta ano á súa versión 1.4, introducindo importantes melloras en despregue e experiencia de usuario, “ao permitir a configuración a través de variables de ambiente”.
Segundo informan fontes da propia empresa, o impulso da Intelixencia Artificial, da Internet das Cousas, da análise da información masiva (Big Data), do desenvolvemento de hardware multicor, xunto coa democratización das capacidades de supercomputación “converteron a computación paralela en case a única opción para facer fronte á demanda crecente de informática intensiva en calquera momento”. Appentra engade que os beneficios de ferramentas como Parallelware Analyzer están a quedar especialmente claros nestes tempos de crise sanitaria e pandemia, coa computación paralela desempeñando un papel clave na carreira mundial cara á busca dunha vacina para combater eficazmente o virus. E máis tendo en conta que a os programas paralelos de alto rendemento poden chegar a ser entre 10 e 100 veces máis rápidos có restante software.
Appentra engade que Parallelware Analyzer é “a única ferramenta de análise de código estático no mercado que axuda a aplicar as recomendacións de boas prácticas de programación paralela, preparando o código, detectando e corrixindo eivas ou descubrindo oportunidades para a paralelaxe”.
Appentra pecha unha rolda de 1.8 millóns para o seu revolucionario software Parallelware Analyzer
Compartir Este Artigo

