Apple TV+ muda lixeiramente de nome

luns, 13 de outubro do 2025 Marcus Fernández

Apple anunciou hoxe que a súa produción F1: La película, tras converterse en todo un éxito nas salas cinematográficas e estar tamén dispoñible para o mercado doméstico en formato de compra dixital, vai chegar finalmente ao seu servizo de vídeo mediante subscrición. Pero esta anuncio sorprende por chegar tan tarde como o 12 de decembro (cando estamos afeitos a que as estreas salten en poucas semanas dos cines ao fogar) e por aproveitarse o anuncio para un cambio no nome do servizo, que pasará de chamarse Apple TV+ a simplemente Apple TV.
Que actualmente Apple TV+ fose un servizo dentro de Apple TV xa era bastante complicado, pero que agora o servizo Apple TV estea dispoñible na aplicación Apple TV ou no dispositivo Apple TV 4K é aínda máis confuso, pero podemos entender que con este movemento a compañía de Cupertino quere deixar claro que a tenda integrada na súa aplicación xa non é relevante, e que agora o uso principal da ferramenta é o streaming.

Actualmente Apple TV+ é un servizo integrado na aplicación Apple TV

Vídeo promocional da chegada de F1: La película a Apple TV