Apple merca a compañía de música en liña Lala

mércores, 9 de decembro do 2009

Durante a pasada fin de semana deuse a coñecer que Apple adquiriu a compañía de música en liña Lala Media Inc., o que podería indicar unha ampliación da estratexia no sector da compañía de Cupertino, que podería optar pola música a través de streming para non limitarse só á venda de cancións en descarga dende iTunes.
Actualmente Lala permite a reprodución de millóns de cancións a través da web.

PUBLICIDADE