Apple podería lanzar a finais de ano un iPhone Nano
martes, 10 de xullo do 2007
No último trimestre do ano podería
saír un novo iPhone de Apple baseado no deseño do iPod Nano, segundo un
informe de JP Morgan que se basea nunha solicitude de patente presentada por
Apple na que se define un dispositivo semellante.
Deste xeito, Apple podería ter o iPhone actual a un prezo de entre 500 e 600 dólares
mentres que tamén vendería unha versión máis pequena e limitada por uns 300 dólares.
