Apple recupera o altofalante HomePod
mércores, 18 de xaneiro do 2023
En 2021 Apple
anunciou que deixaba de vender os altofalantes HomePod orixinais,
recoñecendo que foran un rotundo fracaso en vendas (de feito, durante a
liquidación de unidades os compradores podÃan comprobar que os números de serie
correspondÃan a dispositivos fabricados para o lanzamento do produto un par de
anos antes), polo que resulta un tanto rechamante que agora lancen unha segunda xeración
dos HomePod.
Estes novos altofalantes teñen un deseño moi semellante ao dos modelos
orixinais, e incluso sairán á
venda o 3 de febreiro ao mesmo prezo, 349 euros. Aparte de para escoitar
música tamén poden empregarse para controlar o fogar intelixente (sendo compatible
con Matter) e utilizar Siri.
O novo HomePod ten un potente motor que impulsa un diafragma de 20 milÃmetros,
integra un micrófono con sistema de ecualización e un conxunto de 5
altofalantes de agudos con tecnoloxÃa beamforming que fan posible unha
grande experiencia acústica. O chip S7 combÃnase con software e tecnoloxÃas de
detección para ofrecer un nivel de audio computacional avanzado que optimiza a
experiencia sonora, pois adapta os sons que emite ao contorno, adaptando o son
en tempo real.
Unha das caracterÃsticas máis atractivas do HomePod é a posibilidade de poder
empregarse en parella con outro HomePod para conseguir son estéreo, o que pode
resultar moi práctico en combinación cun Apple TV, para asà mellorar a
experiencia sonora durante a reprodución de contidos audiovisuais.
VÃdeo promocional do novo HomePod