Aprendizaxe federada de datos, a debate no CITIC
martes, 8 de abril do 2025
O CITIC da Universidade da Coruña, xunto co Grupo Integrado de EnxeñarÃa (GII), organiza unha charla impartida por Roy Saurabh, experto en ética da intelixencia artificial e asesor da UNESCO. O relatorio, titulado Integración da aprendizaxe federada con marcos de gobernanza de datos para unha análise colaborativa e segura de datos sensibles, terá lugar en inglés este xoves ás 12:00 na Sala Cloud do centro.
A intervención de Saurabh enmárcase nun contexto crecente de preocupación polo tratamento dos datos sensibles, especialmente aqueles que implican a poboacións vulnerables como a infancia. Este tipo de información require estritas medidas de privacidade, seguridade e unha gobernanza ética sólida. Os modelos tradicionais de procesamento centralizado adoitan comprometer a soberanÃa dos datos e dificultan o cumprimento da normativa vixente.
Como resposta, están xurdindo iniciativas que permiten o procesamento de grandes volumes de información sen vulnerar os principios de protección e confidencialidade, aliñadas co marco regulador internacional e cos requisitos éticos de análise cuantitativa e cualitativa. Entre os exemplos máis destacados figuran o proxecto Good Governance for Children’s Data de UNICEF ou a arquitectura promovida polo proxecto EDGE da Unión Europea.
Neste contexto, a charla de Roy Saurabh explorará o potencial da aprendizaxe federada como enfoque que permite a distintas institucións colaborar na análise de datos sen necesidade de compartilos directamente, reforzando asà a privacidade, a seguridade e a confianza na xestión da información sensible.
Aprendizaxe federada: un tratamento máis ético e seguro dos datos
A aprendizaxe federada (ou colaborativa) é un tipo de aprendizaxe automática que permite a varias institucións colaborar no adestramento de modelos de intelixencia artificial sen necesidade de compartir os datos orixinais. No canto de enviar a información a un único lugar, cada entidade adestra o modelo cos seus propios datos e só comparte os resultados do proceso. Isto contribúe a protexer a privacidade, a manter os datos no seu lugar de orixe e a cumprir cos estándares de seguridade e gobernanza, ao tempo que se aproveita o coñecemento colectivo.
A conferencia de Roy Saurabh analizará os desafÃos e os posibles enfoques para integrar a aprendizaxe federada con mecanismos clave de gobernanza de datos, como a privacidade diferencial e a computación multipartita segura. O obxectivo é reforzar a protección da información e garantir o cumprimento normativo. Ao combinar os imperativos de gobernanza con metodoloxÃas analÃticas avanzadas, esta proposta senta as bases para solucións de análise de datos escalables, éticas e seguras.
Os resultados amosan o potencial da aprendizaxe federada para facilitar a toma de decisións baseada en datos en contornos sensibles, fomentando a confianza, a colaboración e a xestión ética da información.
IA responsable: o eixo da súa traxectoria profesional
Roy Saurabh é asesor sénior da UNESCO e investigador nos ámbitos da interacción persoa-ordenador (HCI), das ciencias da aprendizaxe e da ética da intelixencia artificial. O seu traballo céntrase na transformación dos sistemas educativos e sanitarios a través da ciencia cidadá, as tecnoloxÃas que melloran a privacidade (PET) e as arquitecturas de aprendizaxe federada.
A súa actividade académica baséase en intervencións fundamentadas en evidencias que defenden a soberanÃa dos datos, promoven unha gobernanza responsable da IA e fomentan o desenvolvemento humano.
Ademais, traballa no deseño de solucións fiables para a avaliación da IA, impulsando a transformación dos sistemas educativos, a monitorización da saúde mental e o desenvolvemento de polÃticas dixitais. As súas achegas integran investigación e práctica, influÃndo nos marcos internacionais de gobernanza e promovendo innovacións dixitais máis equitativas.