Apróbase o estándar de itinerancia Wi-Fi

venres, 29 de agosto do 2008

Acaba de aprobarse o estándar IEEE 802.11r, que é unha norma que permite a mobilidade entre distintos puntos de acceso dun xeito rápido, á vez que mellora o rendemento de servizos de VoIP en redes corporativas.
O novo estándar permitirá cambiar de punto de acceso en menos de 50 milisegundos, o que permitirá que ao moverse fisicamente non se corten as comunicacións de voz baixo redes de datos.

PUBLICIDADE