Ao acubillo do Plan Avanza 2009, de ámbito estatal, estase a desenvolver o proxecto AquaWeb, que pretende crear unha web promocional e formativa rica en contidos sobre a fauna subacuática mariña incorporando punteiras e innovadoras tecnoloxías neste ámbito, buscando a reconciliación entre a actividade turística e a biodiversidade dos espazos naturais, contribuíndo á compatibilidade do uso dos recursos naturais coas actividades respectuosas co medio ambiente, e que vai iniciarse en dúas zonas concretas: a praia de Palma de Mallorca e as Illas Cíes.
Para este último enclave, o proxecto está a contar coa colaboración da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, de xeito que en breve poderemos gozar de filmacións de vídeo submarino en formato 3D, así como participar nun novo espazo colaborativo 2.0 que pretenden construír en AquaWeb.
AquaWeb achegará as Illas Cíes á Rede
Compartir Este Artigo
