As CiberIrmandes anuncian novas traducións de software ao galego
luns, 22 de setembro do 2008
A colaboración de
voluntarios da CiberIrmandade da Fala fai posible que o galego estea «presente
de forma oficial desde o comezo na versión estable» da
aplicación de Panel de Control Open Source para provedores de acceso á Rede IspCP
Omega.
A CiberIrmandade tamén anunciou a tradución completa ao galego da aplicación de
comparación, diferenciación e combinación de arquivos de texto WinMerge,
que se suma asà aos proxectos galeguización de aplicacións que tan necesarios
son para a normalización lingüÃstica.