Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas de Automatización Industrial acollerán a presentación do proxecto Fisiorob, no que participa Balidea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas de Automatización Industrial acollerán a presentación do proxecto Fisiorob, no que participa Balidea

Redacción
Publicado: 17/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fisiorob.jpgSeguimos a falar das Xornadas de Automatización Industrial (JAI) previstas para comezos de novembro, logo de que o principal responsable das mesmas, o profesor Ignacio Armesto, nos puxera ao tanto esta semana dalgunhas das principais tecnoloxías a descubrir no marco dos encontros. Como ben nos sinalou Armesto, a sexta edición das xornadas (a desenvolver entre o 3 e o 7 de novembro) contarán con empresas internacionais pero tamén cos últimos achados de compañías e centros tecnolóxicos da nosa terra. Por exemplo o Proxecto Fisiorob, no que participa a firma galega Balidea e que consiste no desenvolvemento dun sistema robótico de asistencia na rehabilitación clínica.
No marco da iniciativa, Balidea é a responsable do desenvolvemento dunha ferramenta de realidade virtual e un sistema de xestión de datos hospitalarios que facilitan información sobre a evolución do paciente. O proxecto, engaden fontes da empresa con sede en Santiago, propón unha nova solución tecnolóxica no ámbito médico que se basea na robótica con contornas virtuais de rehabilitación, para o seu uso na recuperación da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidade de recuperación neuromotora.
Como dixemos, ao abeiro desta iniciativa Balidea leva a cabo o desenvolvemento dun sistema de realidade virtual cuxa función será “aumentar a motivación do paciente no desenvolvemento dos exercicios de rehabilitación, permitindo así un proceso de recuperación máis eficiente”. Este sistema inclúe unha plataforma de control que liga o entorno virtual co sistema robotizado funcionando como plataforma única. Outra das achegas da compañía está baseada nun sistema de xestión de datos hospitalarios, “que ofrece a posibilidade de recoller os resultados da terapia da rehabilitación co fin de analizar a evolución do paciente”.
Lembrar que para dar forma a estes traballos organizouse un consorcio de empresas liderado por EMTE, e no que se inclúen tamén POVISA e as empresas Aequs, Izmar, I3TE e Balidea, amais do centro tecnolóxico AIMEN, CIS Galicia e a Universidade de Vigo. O proxecto forma parte do programa FEDER-Innterconecta da Unión Europea para o pulo a proxectos de I+D, e está financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), o Ministerio de Economía e Competitividade, a Axencia Galega de Innovación e o Fondo Tecnolóxico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?