As cookies de Google caducarán ós 2 anos
mércores, 18 de xullo do 2007
Ante a preocupación polas vulneracións da
privacidade por parte de Google, o buscador decidiu limitar
a vida das súas cookies a dou anos,
medida que se suma á que anunciaran no mes de marzo (na que se comprometÃan a eliminar
a información que puidera identificar ós usuarios nos seus históricos con máis
de 18 meses).
Actualmente as cookies de Google non
caducaban ata 2036, pero agora reducen a súa vida de xeito drástico a 2 anos
dende a última visita ó buscador, permitindo incluso que os usuarios activos conserven
as súas preferencias trala eliminación automática destes ficheiros temporais.