As declaracións de bens dos edís composteláns publicarase na web do Concello
xoves, 30 de agosto do 2007
O Concello de Santiago de Compostela pendurará da súa
páxina web o rexistro de propiedades dos concelleiros
que compoñen a súa corporación, mellorándose así a transparencia do
organismo municipal (pois os soldos dos edís xa son públicos).
Sánchez Bugallo comentou a El Correo Gallego que prevé
debater esta proposta en pleno durante o mes de setembro, de xeito que no
outono xa se podería consultar na Internet a declaración de bens de cada
concelleiro compostelán.
