As empresas da Tecnópole reciben coñecemento sobre xestión de proxectos

luns, 17 de setembro do 2007

Até 43 traballadores de 22 empresas e institucións situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) están a recibir formación en dirección e xestión de proxectos, tarefa coñecida no ámbito profesional como “project managment”. Os cursos, que comezan este luns e se desenvolven en dúas quendas de dúas xornadas cada unha, teñen lugar no salón de actos do edificio central da Tecnópole, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. Os asistentes están a ser formados pola Escola de Negocios Cesma nas “mellores prácticas da dirección de proxectos industriais e de I+D”, segundo indica a Tecnópole.

PUBLICIDADE