«As matemáticas teñen aplicación en practicamente todos os campos da vida» – Peregrina Quintela, directora do ITMATI
venres, 12 de xullo do 2019
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), creado en 2013, supuxo un importante fito de agregación de recursos entre as tres universidades galegas para promover a transferencia de tecnoloxÃa matemática e dar respostas eficaces ás demandas das empresas, as industrias e as administracións públicas. Os dÃas 22, 23 e 24 de xullo celebra a primeira Conferencia sobre Transferencia entre Matemáticas e Industria (CTMI 2019) na Facultade de Matemáticas de Santiago, en colaboración coa Red Española Matemática-Industria (math-in). Durante este evento internacional daranse a coñecer avances significativos no eido da Matemática Industrial. Peregrina Quintela Estévez, directora do ITMATI, cóntanos nesta entrevista os detalles máis relevantes da cita.
-Que
representa o feito de que Galicia sexa a sede dun encontro dos
mellores expertos internacionais no eido da matemática industrial?
-É
una consecuencia natural do recoñecemento da matemática industrial
galega. Cómpre ter en conta que o CTMI 2019 é a primeira edición
dun congreso nacional centrado en promover a transferencia de
tecnoloxÃa e ser un foro español de encontro bianual do mundo
académico co sector industrial e empresarial, un concepto de
congreso totalmente innovador. É unha iniciativa da Rede Española
Matemática-Industria, na que tamén colabora a rede europea
EU-MATHS-IN, que nesta primeira edición confiou na experiencia do
ITMATI para axustar o seu deseño coa idea de garantir o éxito nos
obxectivos marcados.
-Cales
son algúns dos avances más innovadores das matemáticas para
resolver problemas da industria e da sociedade que se presentarán
neste foro?
-As
matemáticas son moi transversais e teñen aplicación en
practicamente todos os campos da vida. O que se vai poder percibir
neste CTMI 2019 é soamente un escaparate da manchea de aplicacións
deste ámbito de investigación. Con esta idea presentaremos
resultados xa acadados en diversos sectores como automoción,
biomedicina, enerxÃa e medio ambiente, loxÃstica, Big Data e
Intelixencia Artificial. Amosaranse aplicacións tan diversas como o
amortecemento dos sistemas de freado para evitar que rechÃen; o
deseño da fabricación centralizada e distribuÃda de biomasa; a
planificación, realización e control eficientes do fluxo de
pacientes, materiais e información no sector sanitario; ou a
obtención en tempo real de estimacións fiables das posicións,
velocidades ou aceleracións de vehÃculos como trens, coches ou
mesmo avións non tripulados.
-Que
serÃa preciso potenciar para favorecer un maior achegamento do mundo
académico e empresarial no caso das matemáticas?
-Para
mellorar este achegamento é preciso incorporar ao sistema un novo
tipo de profesionais, os tradutores tecnolóxicos, que deberÃan ser
a bisagra de encontro entre o mundo académico e industrial, e
facilitar a consolidación destes profesionais en estruturas como
ITMATI, math-in ou EU-MATHS-IN. Pensar que isto é posible soamente
usando financiamento privado é un erro maiúsculo; o financiamento
público debe incrementarse neste contorno non tan clásico pero que
é importante para o desenvolvemento dunha nova economÃa no paÃs
baseada na tecnoloxÃa.
-Considera
que é preciso renovar os plans de estudo actuais no relativo ás
matemáticas?
-A
de Matemáticas é unha das carreiras con máis demanda debido a unha
taxa de paro practicamente nula, e isto nun momento no que a
incorporación como profesionais na ensinanza é moi baixa. Pódese
ver como a revolución dixital, que se está a levar un cabo na
industria e nas institucións, está baseada en incluÃr tamén aos
matemáticos como peza clave. Esta situación é o resultado de moito
traballo ao longo dos anos; de xeito que a transferencia de
coñecemento matemático, a posta en marcha de foros de interacción
matemática-industria, os grupos de estudo coa industria, os
traballos de fin de mestrado en colaboración coas empresas, e mesmo
os doutorados industriais, son un bo caldo de cultivo para unha
renovación constante da ensinanza neste eido das Matemáticas, cuns
programas nos que cada vez máis as aplicacións marcan os camiños
da aprendizaxe. De novo o recoñecemento deste inxente labor na
carreira cientÃfica do profesorado debe mellorar, xa que é unha
estratexia clave para que a academia e a industria acaden un clima de
confianza e interacción continuada.
-En
que medida Galicia é un referente en matemática industrial?
-Galicia
leva traballando nesta liña de xeito continuado dende principios dos
anos 80 do século pasado. Foi unha visión extraordinaria do
profesor Bermúdez de Castro, que daquela era totalmente innovadora
sobre a capacidade das matemáticas para resolver problemas reais e
axudar ás empresas, industrias e institucións a avanzar de forma
máis rápida e segura. Tamén axudou a gran capacidade de
colaboración dos matemáticos galegos das tres universidades, que
traballaron ao unÃsono para por en marcha titulacións oficiais
conxuntas.
-Que
din as cifras?
-Recentemente
fÃxose unha análise da evolución da transferencia en España no
perÃodo 2008-2018, na que se amosa que Galicia aporta un 13% dos
grupos de investigación españois que manifestaron facer
transferencia matemática, e os recursos captados por contratos
directos coa industria representan, porén, un 63% do conxunto
nacional, sendo o 90% deles acadados na actualidade a través de
ITMATI. Isto quere dicir que a confianza dos clientes na resposta do
centro e dos seus investigadores é moi boa, e esperamos seguir asÃ
no futuro. Ademais, nos últimos anos observamos como noutros paÃses
están a tomar nota da nosa fórmula.
A entrevistada
Peregrina Quintela Estévez é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola Universidade Autónoma de Madrid e pola Universidade da Sorbona. É catedrática de Matemática Aplicada da USC. Ao longo da súa traxectoria ten traballado de xeito incesante no achegamento das universidades á industria, tanto dende o ámbito investigador como a través da posta en marcha de infraestruturas aglutinadoras que facilitan a transferencia do coñecemento matemático. Nesta liña, liderou a creación da Red Española Matemática-Industria, da que é presidenta dende a súa fundación; a posta en marcha do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, que dirixe dende a súa creación; e tamén ten participado na fundación do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation.