As novas correntes de investigación científica e da aprendizaxe centraron o TIC Talk de xuño no CITIC

xoves, 27 de xuño do 2024 S. P.

Este martes 25 de xuño celebrouse no Centro de Investigación TIC da UDC (o CITIC) o Almorzo TIC Talk do mes de xuño, nova xornada de divulgación e debate que contou coas exposicións dos investigadores David Rivas e Alberto Manzano. Estas sesións teñen unha periodicidade mensual e buscan promover sinerxías entre o persoal investigador.
Neste sentido, Alberto Manzano presentou a charla TIC Talks, ciencia e especulación, durante a cal expuxo un debate sobre se o formato de congreso é o máis adecuado para difundir os avances científicos e se, a partir das ideas extraídas, deberíase actualizar o formato decote utilizado nos TIC Talks.
Pola súa banda, David Rivas expuxo Self-Supervised Contrastive learning for Retinal Image Registration. Na súa tese aborda o funcionamento dos métodos de rexistro de imaxes de retina utilizando aprendizaxe autosupervisado, tarefa de gran utilidade para facilitar e mellorar os diagnósticos médicos. Este tipo de aprendizaxe, o self-supervised learning, emprégase para aprender directamente dos datos existentes sen necesidade de anotacións explícitas achegadas por expertos.

PUBLICIDADE