As redes sociais e os gintonics van da man nunha xira por 4 cidades galegas
mércores, 25 de setembro do 2013
Hai uns meses naceu en Murcia unha iniciativa que mestura
redes sociais e encontros presenciais para desvirtualizar
diante dunha bebida espirituosa, e
tras percorrer dende Cádiz ata San Sebastián, ampliou o seu itinerario ata a
nosa terra, onde o GinAndTwitts vai celebrar unha xira o mes que vén, para o
que a pasada fin de semana o seu organizador,
Pablo Melian, visitou unha serie de establecementos de hostalarÃa para
concretar os locais nos que celebraranse estes encontros e, finalmente,
detallouse como serÃa o GinAndTwitts Tour Galicia.
Estes encontros que xiran ao redor dunha cata de tónicas, xenebras e gintonics desenvolveranse a partir das
19:00 horas entre os dÃas 15 e 18 de outubro en distintas cidades galegas,
comezando polo Café Soho de A
Coruña, e pasando polo VaoVá de
Compostela e o Café Central de Pontevedra, para rematar no Hotel BahÃa de Vigo. Os
interesados en participar nalgún destes evento deberán adquirir a súa entrada
a través de Ticketea, aboando 22 euros pola actividade, aÃnda que tamén
poderán optar por participar no Concurso de
Imaxes que organizan a través de Facebook dende GinAndTwiits e a través do
que será posible facerse cunha entrada para 2 persoas para o encontro na cidade
galega a elección polo gañador.
Esta serie de eventos están a dinamizarse a través de Facebook e Twitter, para o que promoven o uso
dos hashtags #GinAndTwitts e #GaliciaMola.
