As tecnoloxías Wi-Fi simplifican a súa nomenclatura
xoves, 4 de outubro do 2018
A incorporación das distintas xeracións de tecnoloxías Wi-Fi
resultaba bastante confusa para o usuario por definirse en función ao estándar
que seguen, que teñen nomes tan complexos como IEEE 802.11b, de xeito que era
difícil para moitos saber se un produto que ían adquirir está á última, o que solucionan de cara á nova
xeración adoptando números para a súa designación comercial, de xeito que os
futuros produtos que soporten o estándar IEEE 802.11ax designaranse como Wi-Fi
6, mentres que os anteriores Wi-Fi AC e Wi-Fi N pasarán a chamarse Wi-Fi 5
e Wi-Fi 4, facilitando así que un usuario coñeza a xeración de rede sen fíos
coa que se está a traballar.
Esta nova nomenclatura irá acompañada por unha chea de logotipos
identificadores que poderán incorporar os diferentes produtos de electrónica de
consumo con conectividade sen fíos e confían en que a facilidade para
identificar os produtos de nova xeración tamén anime aos usuarios á súa
adopción, xa que os usuarios saberán de xeito doado cando un produto emprega
unha tecnoloxía vella e
previsiblemente optará por novos equipos e accesorios con mellor conectividade
para apostar por unha vida máis longa e unha mellor experiencia de uso.
A Wi-Fi Alliance asegura que as certificacións Wi-Fi 6 para produtos chegarán
en 2019, que será o ano no que teremos que afacernos a este novo xeito de
definir ás distintas tecnoloxías de Wi-Fi.
- Exemplo de identificadores da tecnoloxía Wi-Fi que comezaremos a ver o ano que vén