ata 68.000 fogares e empresas de Pontevedra e Ourense accederán á Internet ultrarrápida de Avatel

luns, 12 de decembro do 2022 S. P.

Avatel, empresa de orixes galegas, proporcionará Internet de alta velocidade a 67.951 fogares e empresas da nosa Comunidade grazas á segunda convocatoria do Plan Único Banda Larga do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, financiado con fondos europeos. A operadora morada foi adxudicataria da despregadura nas provincias de Ourense e Pontevedra onde dará servizo a 45.635 e 22.316 vivendas e negocios de 92 e 55 municipios, respectivamente.
Esta actuación supoñerá un investimento de 32.797.524 millóns de euros, cunha subvención do 80%, e encádrase dentro das accións previstas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con cargo aos fondos Next Generation da Unión Europea (UE).

Inauguración da tenda de Avatel en Sada

O plan está dirixido a ampliar a conexión de banda larga a fogares e empresas principalmente de zonas remotas e illadas do territorio nacional. Neste caso, todos os lugares da nosa xeografía onde actuará Avatel son áreas nas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos (catalogadas como zonas brancas).
A nivel nacional, a operadora foi adxudicataria dun total de 97,8 millóns de euros nas dúas convocatorias do programa. Nesta segunda onda triplica o número de investimento adxudicado e levará conexión a case 200.000 fogares e empresas, que se suman aos 139.700 que se beneficiaron na onda inicial do Programa Único-Banda Larga.
En total, os beneficiarios das dúas convocatorias do plan pertencen a 15 provincias de España: Albacete, Badaxoz, Cádiz, Castelló, Córdoba, Cuenca, Guadalaxara, Huelva, Málaga, Ourense, Palencia, Pontevedra, Soria, Teruel e Zaragoza.

Apertura do establecemento da operadora no Porriño

Expansión en Galicia
Avatel, en liña co seu plan de expansión, xa ten pegada en todas as provincias da Comunidade Autónoma e atópase presente con 13 puntos de venda. As últimas aperturas realizáronse nas localidades de Chantada (Ourense) e Carballiño (Pontevedra) sendo estas as primeiras tendas de Avatel en cada provincia. En total, a operadora conta con 90.000 UUISS serviciables a día de hoxe na nosa terra.
Conectividade ultrarrápida
Avatel despregará FTTH nestas zonas. Trátase, en palabras da compañía, “da tecnoloxía de conexión terrestre con máis capacidade dispoñible”, que proporciona unha velocidade ultrarrápida e unha baixísima latencia.
“Grazas a iso”, engade a empresa, “os cidadáns veranse beneficiados dunha conexión similar á das grandes cidades, dispoñendo dun servizo de banda larga que, entre outras vantaxes, permite o uso de numerosos dispositivos á vez, de forma que se poida teletraballar ver series ou películas en streaming ou facer algunha xestión dixital á vez”.
A compañía lembra tamén que abordou a práctica totalidade dos despregamentos “con fondos propios ao longo destes últimos dez anos” e que comezará o ano dando continuidade ao seu compromiso de “igualar os servizos de conectividade das pequenas e medianas poboacións cos das grandes urbes”.
Detalles da adxudicación
Ourense (Axuda adxudicada de 18.391.322). Municipios: Arnoia, A Bola, A Gudiña, A Merca, A Mezquita, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Rúa, A Teixeira, A Veiga, Allariz, Amoeiro, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, Gomesende, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O Bolo, O Carballiño, O Irixo, O Pereiro de Aguiar, Oímbra, Os Blancos, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, Petín, Piñor, Pontedeva, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Toén, Trasmiras, Verea, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
Pontevedra (Axuda adxudicada de 7.846.696). Municipios: A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cercedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilaboa.