Blusens achega a súa tecnoloxía aos hosteleiros galegos

venres, 12 de decembro do 2008

CEHOSGA, a Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia, e Blusens, a multinacional tecnolóxica galega, veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal os empresarios hostaleiros galegos serán dotados coas últimas tecnoloxías para os seus negocios.Grazas a este acordo, Blusens suministrará aos membros da confederación, en condicións especiais, o tipo de equipamento tecnolóxico que demandan estes establecementos pola súa área de actividade.

PUBLICIDADE