Blusens e EFE presentan o 18 de decembro o seu proxecto conxunto BluEfepack
venres, 7 de decembro do 2007
A empresa galega Blusens e máis a Axencia EFE presentan o vindeiro 18 de decembro en Santiago un proxecto conxunto. Trátase do programa BluEfepack, que consiste en achegar contidos exclusivos multimedia ós usuarios de reprodutores MP4 da dita firma galega. Este proxecto a dúas mans inclúe contidos audiovisuais en catro paquetes básicos: cinema, música, tendencias e máis protagonistas.
Segundo explica EFE na convocatoria ós medios de comunicación, trátase dun produto informativo “moi dinámico e dirixido amais de a un público novo a calquera usuario dos dispositivos móbiles de Blusens que queira gozar de servizos co prestixio e a calidade que achegan os profesionais da Axencia”.