Blusens presenta nas Vegas os seus produtos “estrela”

venres, 9 de xaneiro do 2009

A multinacional tecnolóxica galega, Blusens, atópase estes días na Mostra Internacional de Electrónica de Consumo (CES) das Vegas, onde está a presentar as súas novidades de Fogar Dixital e Portabilidade para a vindeira tempada, no stand 74237 do Hotel Sands.
A oferta de Blusens inclúe (como produtos “estrela” deste ano) os mini reprodutores MP3 da famila Keia e o netbook FreePC, así como o resto de dispositivos da firma entre os que destacan os reprodutores MP4, altofalantes, DVD´s portátiles, navegadores GPS e discos duros.

PUBLICIDADE