Boiro impulsará a banda larga e a comunicación nas redes sociais
mércores, 21 de agosto do 2019- Exterior da Casa do Concello de Boiro
Os concellos galegos queren estar na vangarda en materia de
acceso ás novas tecnoloxÃas da información. É o caso de Boiro,
cuxo actual rexedor, José Ramón Romero GarcÃa, Martiño,
anunciou na primavera, na campaña pre-electoral, a súa intención
de mellorar os servizos de Internet para a veciñanza (residente en
Boiro ou nas parroquias e aldeas) e favorecer o emprendemento
innovador, o comercio e o traballo colaborativo. Agora que o alcalde
do PSdG lidera a alianza do Goberno local, pasados os comicios, a
aposta tecnolóxica segue viva e mesmo semella avivarse.
Este compromiso coas TIC comezou a coller forza pouco despois das
eleccións, cunha xuntanza entre o equipo de Goberno e os
responsábeis de Telefónica, con vistas a buscar métodos de
colaboración para levar a fibra óptica de alta velocidade a
diversos puntos do termo municipal que até o de agora con contan con
este servizo, vital para equilibrar as condicións de vida entre o
rural e a contorna urbana, para frear o despoboamento e para insuflar
dinamismo económico fóra de Boiro capital. Estas conversas coas
operadoras teñen o obxectivo de instalar rede de banda larga, de
alta velocidade, en diversos recantos do concello.
- Captura de www.boiro.gal
O compromiso coas TIC tamén se vai deixar notar na vertente
comunicativa, nas canles informativas e no diálogo coa cidadanÃa.
Neste camiño da participación e da transparencia, dous ámbitos
lindeiros co tecnolóxico, o Goberno boirense vai poñer en marcha as
redes sociais do Concello, canles coas que até o de agora non se
contaba, e con cuxa habilitación preténdese fomentar ao máximo a
información inmediata e a implicación da veciñanza na vida pública
local. Asemade, o traballo completarase con melloras na páxina web
de Boiro, www.boiro.gal, como por
exemplo a incorporación dun portal de incidencias, participativo, ou
aumentar as funcionalidades do portal de transparencia. Outra das
medidas que están a coller corpo é a retransmisión en directo das
sesións plenarias.
O
espazo de coworking
Como dixemos, o Concello tamén impulsará novos e innovadores xeitos
de traballar e producir que complemente e impulsen aquilo no que
Boiro é economicamente forte. Farao a través dun centro de
coworking (Emprende-LAB Barbanza), pioneiro no seu sector e co
que se pretende fomentar a creación e aceleración de novas empresas
relacionadas con sectores estratéxicos para a comarca coma é o caso
do conserveiro e de transformación de produtos do mar, o hostaleiro
e o turÃstico. Esta actuación suporá un investimento en torno aos
100.000 euros, dos que o 76%, 75.000 euros, serán achegados
directamente pola Deputación da Coruña a través dos fondos da liña
de apoio a emprendedores do Plan de Emprego Local (PEL-Emprende).
O espazo localizarase no centro de formación e viveiro de empresas
situado no polÃgono industrial de Espiñeira, con 283 metros
cadrados de superficie útil, que contará con 5 oficinas, sala de
recepción, servizo de reprografÃa e sala para xestión e
presentación de proxectos, asà como aseos e zonas comúns. O
inmóbel contará ademais con xardÃns e zona de aparcamento
exterior, insonorización, calefacción central de alta eficiencia
enerxética, iluminación con LED de baixo consumo, conexión de
telefonÃa e fibra óptica en tódolos espazos, ademais de
accesibilidade total para persoas con mobilidade reducida. AsÃ
mesmo, incluirase asistencia técnica para a dinamización
empresarial (EmprendePoint), sostemento dos gastos correntes da
instalación e actividades formativas que incluirán demostracións,
programas de mellora de xestión empresarial e de asesoramento e
aceleración de proxectos emprendedores.
Boiro pasa asà a formar parte, xunto con Oleiros, Carballo, Brión e
Ames, do grupo de concellos que conforman o embrión da Rede
Provincial de Centros de Traballo Colaborativo.