Borja Adsuara abrirá o ciclo HumanIA UDC o vindeiro xoves
luns, 25 de setembro do 2023
O experto en
Dereito Dixital, Borja
Adsuara Varela, será o encargado de abrir o ciclo HumanIA UDC: O desafÃo para as Humanidades en tempos da
Intelixencia Artificial, uns obradoiros organizados pola Facultade de
Humanidades e o Consello Social da Universidade da Coruña, en colaboración co
CITIC, para mostrar o impacto e potencial da Intelixencia Artificial nos
estudos e traballos relacionados coas Humanidades.
O primeiro destes
obradoiros está centrado na regulación da intelixencia artificial e será
impartido por Borja Adsuara, quen baixo o tÃtulo Como se
debe regular a intelixencia artificial?, profundará nos aspectos
xurÃdicos a ter en conta como son o dereito á propiedade intelectual, dereitos
de imaxe, usos de alto risco e usos prohibidos, entre outros.
A intelixencia artificial
está a transformar a forma en que operamos e debemos adaptar o noso sistema de
principios e normas en base a esta innovadora tecnoloxÃa, o que supón novos
retos e oportunidades para os profesionais das ciencias sociais, o dereito e a
arte (aos que se dirixe esta actividade) na que tamén se abordarán as saÃdas
laborais relacionadas cos aspectos legais, normativos e éticos que supón o uso
da IA.
IA e mercado laboral
O segundo obradoiro terá lugar no CITIC o vindeiro 9 de novembro e será impartido por Paul Van Branteghem, experto en Intelixencia Artificial e cofundador de Spain-IA. Esta segunda xornada tratará sobre ChatGPT e outras aplicacións: casos de uso no mercado laboral e mostrará aos asistentes como se pode aplicar a IA nas diferentes profesións a través de exemplos reais e as ferramentas máis utilizadas. Asà mesmo, permitiralles coñecer cal é o impacto real no mercado laboral.