Bruxelas estudia se o Blu-ray ou o HD DVD realizan prácticas abusivas na súa loita por suceder ó DVD

mércores, 4 de xullo do 2007

A Comisión Europea informou da ampliación dunha investigación informal coa que busca coñecer se as estratexias de licenzas dos grupos que desenvolven os novos soportes que queren relevar ó DVD son anticompetitivas.
Os estudios de cine deberán remitir á Comisión antes do 6 de xullo información sobre se decidiron lanzar os seus produtos en Blu-ray, en HD DVD ou en ambos formatos, tralo que decidirán se inician unha investigación antimonopolio.

PUBLICIDADE