O CES 2021 será totalmente dixital
martes, 28 de xullo do 2020
Pese ás serias sospeitas de que o
CES de Las Vegas puido xogar un papel importante na propagación da COVID-19
a organización do evento tecnolóxico teimaba na súa intención de celebrar
o CES 2021 o vindeiro mes de xaneiro como un evento presencial relativamente
ordinario até agora, xa que finalmente deron o seu brazo a torcer e a
Consumer Technology Association (CTA) anuncia que reinventará
o seu evento para que sexa unha experiencia totalmente dixital.
O feito de que nas últimas semanas medrase a preocupación pola COVID-19 e as
dificultades para organizar un evento presencial con decenas de milleiros de
persoas de xeito seguro fixo que finalmente o CES 2021 vaia ser unha feira virtual
na que terán lugar presentacións e conferencias que poderán seguirse a través
da Internet, presentacións de produtos e tamén xuntanzas e sesións de networking
nas que poderá participarse de xeito remoto.