CSO España, nova web sobre seguridade
xoves, 7 de maio do 2009
IDG estrea CSO España, unha nova web especializada
en información
sobre tecnoloxÃas relacionadas coa seguridade, ámbito esquecido por
moitas empresas españolas, e que non se limita ao hardware e o software, senón
que tamén chega á formación.
A nova publicación en liña recollerá información da actualidade, estudios de
mercado, entrevistas e artigos de fondo sobre a materia, permitindo a súa
subscrición por RSS ou correo electrónico.